¡Renovamos Goteo!

Goteo ha construido una historia única en el mundo del micromecenazgo. ¿Quieres seguir formando parte de ella?

Tierras de Progo

Financiado el 09 / 12 / 2023
Cofinanciado!
Obtenido
€ 16.298
Mínimo
€ 8.750
Óptimo
€ 20.350
109 Cofinanciadores
Canal
  • Aportando € 7

    ¡Colaboro!

    Agradecimiento personalizado en la web del proxecto.

    Desgravarías 5,6 € por lo que tu gasto real puede ser 1,4 €. Más info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 06 Cofinanciadores
  • Aportando € 13

    Certificado digital del castaño

    Aportando 13 € recibirás:

    • agradecimiento personalizado en la web del proxecto.
    • certificado digital con foto y la geolocalización del árbol

    Desgravarías 10,4 € por lo que tu gasto real puede ser 2,6 €. Más info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 08 Cofinanciadores
  • Aportando € 27

    Patrocina un castaño
    • certificado digital con imagen y la geolocalización del árbol
    • el día de puertas abiertas (primavera 2024) podrás venir, escoger tu castaño y ponerle un rótulo con tu nombre
    • enviaremos postal por correo con foto de las primeras hojas (solo España)
    • agradecimiento en nuestras redes sociales
    • agradecimiento personalizado en la web del proyecto

    Desgravarías 21,6 € por lo que tu gasto real puede ser 5,4 €. Más info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 19 Cofinanciadores
  • Aportando € 55

    Patrocina un castaño
    • certificado digital con imagen y la geolocalización del árbol
    • el día de puertas abiertas (primavera 2024) podrás venir, escoger tu castaño y ponerle un rótulo con tu nombre
    • enviaremos postal por correo con foto de las primeras hojas (solo España)
    • enviaremos imaxes del árbol cada año hasta que entre en producción (correo-e)
    • recibirás el primer kilo de castañas que produzca tu árbol (envío solo España)
    • mención pública en la web del proyecto

    Desgravarías 44 € por lo que tu gasto real puede ser 11 €. Más info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 25 Cofinanciadores
  • Aportando € 77

    Patrocina un castaño y un calendario 2024
    • un ejemplar de CeosGalegos24, hermoso calendario mural con imágenes del cielo
    • certificado digital con imagen y la geolocalización del árbol
    • el día de puertas abiertas (primavera 2024) podrás venir, escoger tu castaño y ponerle un rótulo con tu nombre
    • enviaremos postal por correo con foto de las primeras hojas
    • enviaremos imágenes del árbol cada año hasta que entre en producción (correo-e)
    • recibirás el primer kilo de castañas que produzca tu árbol
    • mención pública en la web del proxecto

    (Envíos solo a España)

    Desgravarías 61,6 € por lo que tu gasto real puede ser 15,4 €. Más info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 05 Cofinanciadores
  • Aportando € 95

    Patrocina un castaño y lote de castañas
    • certificado digital con imagen y la geolocalización del árbol
    • el día de puertas abiertas (primavera 2024) podrás venir, escoger tu castaño y ponerle un rótulo con tu nombre
    • enviaremos postal por correo con foto de las primeras hojas (solo España)
    • enviaremos imaxes del árbol cada año hasta que entre en producción (correo-e)
    • recibirás el primer kilo de castañas que produzca tu árbol (envío solo España)
    • mención pública en la web del proyecto y en nuestras redes sociales
    • Recompensa INMEDIATA: este otoño recibirás ya un lote de 5 kilos de castañas de otros castaños familiares o de vecinos. Envíos solo a la Península Ibérica.

    Desgravarías 76 € por lo que tu gasto real puede ser 19 €. Más info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 08 Cofinanciadores
  • Aportando € 150

    Patrocina un castiño y un nogal
    • certificado digital con imagen y la geolocalización del árbol
    • el día de puertas abiertas (primavera 2024) podrás venir, escoger tu castaño y ponerle un rótulo con tu nombre
    • enviaremos postal por correo con foto de las primeras hojas (solo España)
    • enviaremos imaxes del árbol cada año hasta que entre en producción (correo-e)
    • recibirás el primer kilo de castañas que produzca tu árbol (envío solo España)
    • mención pública en la web del proyecto y en nuestras redes sociales
    • Recompensa INMEDIATA: este otoño recibirás ya un lote de 5 kilos de castañas de otros castaños familiares o de vecinos. Envíos solo a la Península Ibérica.
    • plantaremos un nogal en la #LeiraOCabezo

    Desgravarías 120 € por lo que tu gasto real puede ser 30 €. Más info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 20 Cofinanciadores
  • Aportando € 160

    Recompensa FINAL

    A nosa recompensa para a última semana de campaña. Apadriña/amadriña un castiñeiro e terás todo isto:

    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir, escoller o teu castiñeiro e poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo postal con foto das primeiras follas (só Unión Europea)
    • mención pública na web do proxecto e nas nosas redes sociais
    • Recompensa INMEDIATA: este outono recibirás xa un lote de 5 kg de noces e 5 kg de abelás. Envíos só á Península Ibérica
    • plantaremos unha nogueira na #LeiraOCabezo e unha abelaira na #LeiraAMontán

    Desgravarías 123,5 € polo que o teu gasto real pode ser 36,5 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 05 Cofinanciadores
  • Aportando € 850

    Señor/a de AMontán
    • certificado digital con imagen y la geolocalización del árbol
    • el día de puertas abiertas (primavera 2024) podrás venir, escoger tu castaño y ponerle un rótulo con tu nombre
    • enviaremos postal por correo con foto de las primeras hojas (solo España)
    • enviaremos imaxes del árbol cada año hasta que entre en producción (correo-e)
    • recibirás el primer kilo de castañas que produzca tu árbol (envío solo España)
    • mención pública en la web del proyecto y en nuestras redes sociales
    • Recompensa INMEDIATA: este otoño recibirás ya un lote de 5 kilos de castañas de otros castaños familiares o de vecinos. Envíos solo a la Península Ibérica.
    • plantaremos un nogal en la #LeiraOCabezo
    • tu nombre aparecerá en una placa que incluiremos en el cierra de la finca de A Montán
    • compartes nuestra misma visión!! Contaremos contigo como socio preferente. Pasarás a ser donante honorífico/a, participar en la toma de decisiones, acceso al proyecto completo y estarás informado de los avances que consigamos.

    Desgravarías 365 € por lo que tu gasto real puede ser 485 €. Más info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 04 Cofinanciadores

Non vale parar

07 | 06 | 2025

Unha pequena posta ao día?

Agora que comeza a florecer as árbores e antes de meternos coa rega, que é matadora, cómpre botar unha ollada atrás (ao feito) e á adiante (o que queda por facer). Ao primeiro, todo ten pinta de que este ano apañaremos as primeiras castañas dos primeiros castiñeiros que plantamos na Leira A Montán, o inverno anterior a este crowdfunding. Foran unhas 30 árbores na leira familiar. Despois xa veu a ampliación e os 300 plantados co voso apoio, ademais das 30 abeleiras e os 30 pistacheiros.

Nesta leira tivemos un gran problema durante o ano pasado. Un dos lotes que plantamos saíu catastrófico e secaron 55 de 60 árbores. Entre eles, varios dos apadriñados/amadriñados no proxecto. Tocará repoñer o vindeiro outono. De feito, viñeron examinar o problema os do viveiro e asumen que algo pasou con esas árbores, porque unhas marras do 10% son normais pero tantas non. As fotos que acompañan esta publicación son de varios castiñeiros desta leira. Locen preciosos.

Este ano pensamos en facer outro "día de portas abertas" para que puidérades vir as persoas que non puidestes vir o ano pasado. Pero botóusenos o tempo por riba (axiña veredes por que) e decidimos deixalo para máis adiante. Ben no outono, ben xa para a tempada que ben. Como temos pendente de emitir os diplomas de apadriñamento/amadriñamento dos vosos castiñeiros

O caso é que este inverno pasado duplicamos leiras. Si, como escoitades. Así que pasamos a falarvos de cada unha delas, as de antes e as de agora.

  • Leira A Montán: a que puidemos crear grazas ao voso apoio plantando castiñeiros Xudía (a variedade máis coñecida de Portugal e recentemente admitida pola DO galega). Na vindeira tempada reporeos os castiñeiros que secaron. Ten unha hectárea de superficie. Estamos pendentes de ampliar, mediante mercas de tres leiras lindantes, outra media hectárea máis. A ver se sae ben o conto.
  • Leira O Cabezo: adicada a 250 concheiras (nogueiras) e un pequeno grupo de castiñeiros (50 unidades). Repuxemos marras e segue pendente de instalar o rego por goteo. Este ano faremos unha pequena ampliación cunhas leiras familiares que estabamos pendentes de trocar por outras pero que ao final quedamos con elas. E pendentes tamén de ampliar con outra leira do comunal.
  • Leira A Besada: adicada aos castiñeiros Famosa (variedade típica do Riós). Este ano fixemos unha pequena ampliación cunha leiriña abandonada duns 600 metros cadrados. Repuxemos marras dos anos anteriores.
  • Leira A Senra: adicada aos castiñeiros Longal. Repuxemos marras. Hai posibilidades de ampliación cuns lindeiros que están abandonados pero a propiedade dos mesmos está complicada por tema de herdanzas. Trataremos de facer algunha xestión.
  • Leira O Salgueiro (nova): unha pequena leira familiar que tiña 20 castiñeiros que, mediante compra de 1000 metros cadrados, ampliamos cara ao sur. Hai posibilidades de seguir ampliando porque hai moita leira abandonada nesta zona. Planamos unha ducia de castiñeiros Martaíña (unha variedade portuguesa) e un lote de 30 abeleiras nunha zona de terra mala e pouco fonda.
  • Leira Os Rebouzos (nova): unha tira de 6 x 220 metros que plantamos cunha fileira de abeleiras, en coordinación coa veciña. Puxemos a mesma variedade ca ela e xa falamos de pechala en conxunto no futuro.
  • Leira A Coroceira (nova): un anaco de monte do primo da familia, abandonada desde hai décadas. Alugámoslle para desbrozar e plantar 120 castiñeiros das variedades longal e famosa. A leira da ao norte e ao redor hai moitos castiñeiros da veciñanza e algunha leira máis abandonada que trataremos de mercar para ampliar.
  • Leira A Ribeira Abaixo (nova): un prado familiar ao carón do río Serranova, onde en tempos páter plantara chopos (de xeito infructuoso). Falamos con varios lindeiros para alugarlles e conseguimos "xuntar" unha leira que conta con 2 hectáreas e pode ser o comezo dun proxecto moi interesante e relevante. Este ano só intervimos nunha parte pequena da leira, pola súa extensión e complexidade. Ten unha parte chaira ao carón do río pero despois ten varias touzas que suben monte arrib, sendo complexa de traballar. Desta volta plantamos só 120 concheiras, 75 abeleiras e, a NOVIDADE, 50 oliveiras. Demos cun dos únicos dous viveiros que en Galicia están a comercializar as variedades "mansa" e "brava", variedades típicas galegas que se están a recuperar a partires das investigación do CSIC coas oliveiras de Quiroga. De aí que aproveitamos a ocasión para facer unha plantación inicial, nunha zona que nos permitirá ampliar a un par de centos de oliveiras o ano que vén. Se as forzas acompañan. Ademais, esta leira está bastante afastada da aldea e todo ao seu redor está chea de terreos abandonados polos veciños e varios anacos do comunal. Polo que as perspectivas de ampliación son bastantes boas.

Máis novidades?

  • Proxecto viveiro: comezamos a montar un pequeno viveiro para autoconsumo. A idea é ir contando con castiñeiros propios, enxertados por nós, para futuras ampliacións. Nestes momentos conta con 400 plantiñas de castiñeiros en maceta que enxertaremos proximamente. Será un aforro importante en futuras plantacións.
  • A Casiña dos Tarrazos: o noso pai decidiu reformar a casiña familiar e, a partires deste verán, teremos un pequeno refuxio con dous cuartos no que poder facer noite e, así, aproveitar mellor o traballo e os días.
  • Fixemos traballos menores nun soutiño pequeno da familia (40 castiñeiros plantados hai 40 anos) e nun castiñeiro milenario que temos noutra leira, así como noutros castiñeiros centenarios (uns 10 pés). Pero xa apenas quedan leiras propias para transformar. Así que ou ben herdamos dalgún parente do estranxeiro para poder mercar máis leiras ou ben teremos que baixar o ritmo de plantación. Quen sabe!?

NOTA:

  • Este ano tivemos unha chea de problemas porque no meu traballo real, desde novembro levo con xente de baixa. Iso implicou que a programación feita para o inverno veuse abaixo e estivemos varios meses a "salto de mata". Os que nos seguides en redes sociais algo xa cheiraríades, supoño.
  • Esta primavera-verán estou indo 3-4 días por semana para facer seguemento da plantación, mellorando, corrixindo, regando... Se calquera de vós quere vir de visita abonda con que avisedes uns días antes (mesmo por correo electrónico) e estarei encantado de facervos de guía. Iso si, non vai poder ser nunca en fin de semana.

Comentarios

Manuel Veiga Díaz
Hace 3 semanas
Canto traballo levas feito e todo o que farás de agora en diante!
Moitas persoas coma ti e o que fai falta neste noso País!
Grazas, Dosi! 💪💪💪
Manuel Veiga Díaz
Hace 3 semanas
Canto traballo levas feito e todo o que farás de agora en diante!
Moitas persoas coma ti e o que fai falta neste noso País!
Grazas, Dosi! 💪💪💪
Beatriz Noya
Hace 3 semanas
Ola Dosi: pois admiración porque, maila as dificultades (marras elevadas que obrigan a re-facer o feito, problemas no teu "traballo real", etc) teñas/ teñades folgos, ganas e ideas (esas cabeciñas non paran!) para seguir teimando en e coas 'Leiras de Progo'.
Seguirémoste, literalmente en redes sociais, atentas a calquera nova e, ogallá, poda facer unha escapadiña alá (supoño que xullo e agosto non son os mellores meses) e, como dís, entre semana e avisando.
Aperta cordial e boa semana!
B.

Inicia sesión para dejar un comentario